A pintura de Joan Miró toma forma de danza e triunfa no Festival das Cóxegas
Por Diego Torrado
Terceira cita coas 'cóxegas' e terceira tarde con nenos e adultos embelesados. O Festival das Cóxegas volveu este domingo ao Pazo da Cultura co espectáculo de danza Constelaciones da compañía Aracaladanza e cautivou ao auditorio.
Constelaciones está baseado na obra pictórica de Joan Miró e consguiu transformar o escenario nun enorme lenzo no que apareceron corpos e formas que crearon, á súa vez, multiples e fermosísimas imaxes. Un novo éxito que este domingo chegou da man dunha compañía recoñecida co Premio Nacional de Teatro para la Infancia y La Juventud 2010 e diversos premios Max.
O Festival das Cóxegas, un proxecto arredor das artes escénicas con carácter familiar, volverá o vindeiro domingo, 29 de novembro, de novo ás 18.30 horas, con El sastrecillo valiente, de Títeres Etcétera, unha suite para 8 instrumentistas e narrador que conta, a través da música e coa axuda dos monicreques a historia épica, tenra e graciosa deste famoso xastre, quen foi capaz de matar sete moscas dun só golpe e que, por unha serie de circunstancias, ten que salvar ao reino con astucia e valentía.
As entradas poden adquirirse xa en Ataquilla.com a un prezo único de 6 euros e será preciso que cada espectador, independentemente da súa idade, conte cunha entrada para acceder ao auditorio.
Relacionadas:
-
O Festival das Cóxegas regresa a Pontevedra en novembro con catro novos espectáculos
Por Redacción |
-
'El sastrecillo valiente' pon o broche de ouro á primeira edición do Festival das Cóxegas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Segunda xornada de 'Cóxegas' no Pazo da Cultura cunha boa dose de danza
Por Redacción |
-
'Simplicissimus', a primeira revista de variedades infantil, o domingo no Festival das Cóxegas
Por Redacción |
-
"Rolf & Flor" e The Pinker Tones, primeiros protagonistas do Festival das Cóxegas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Xa están á venda as entradas para os catro espectáculos do Festival das Cóxegas
Por Alejandro Espiño |
-
O Festival das Cóxegas, nova proposta cultural para o outono pontevedrés
Por Alejandro Espiño |