34 curtametraxes competirán no I Concurso de Curtas de Poio
Por Redacción
1.344 películas procedentes dos cinco continentes presentáronse ao I Concurso de Curtas do Concello de Poio, que se desenvolverá durante a próxima fin de semana, sábado 28 e domingo 29 de novembro.
Laura Currás, vicepresidenta da ACDeM Armadiña e o membro da asociación, Chuco Briones, autor dos galardóns deste certame presentaron acompañados pola concelleira de Cultura, Sivila Díaz este concurso no que se exhibirán 34 curtos coa intención de que numeroso público asista ás sesións que se celebrarán no Casal de Ferreirós co prezo da entrada a cada sesión dun euro para os socios de Armadiña e de dous euros para o resto do público. O bono para as catro sesións será de 5 euros para o público xeral.
Na sesión do domingo celebrarase a gala de entrega de premios, con dous galardóns, a Áncora de Ouro e premio en metálico de 500 euros para o gañador e o Áncora de prata con 250 euros para o curto escollido polo público.
Entre as curtametraxes que se proxectarán durante eses días, os asistentes poderán ver títulos como Amor de purpurina, En el banco, Solo sabes follar, Yayos, El bosque negro ou a pontevedresa Julia, obra de Jose Manuel Aragunde. Tamén se emitirán fóra de concurso dous curtos, con participación local, The Last Night, de Marcos Monreal e Tiempos Olvidados, de Adrián González.