22 anos de pintura de Marga Portela móstranse na sala de exposicións da Xunta en Pontevedra
Por Redacción
A sala de exposición do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra acolle ata o próximo 30 de xullo a exposición 22 anos de pintura, una mostra retrospectiva da artista pontevedresa Marga Portela.
Deseñadora de interiores pola Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela e especialista en fotografía e edición de vídeo, leva investigando de forma autodidacta no ámbito da pintura desde 1993.
As súa primeira exposición realizouna en Bueu, a súa vila natal, co motivo do aniversario da biblioteca municipal. Dende entón realizou exposicións colectivas e individuais en gran parte da xeografía galega.
A exposición de Marga Portela na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra permanecerá aberta en horario de 9 a 14 horas da mañá de luns a sábado.