Retranca por partida dobre con Carlos Blanco e Quico Cadaval no Pazo da Cultura
Por Redacción
Despois de cumprir cinco anos en cartel, o espectáculo Noites de Retranca, conducidos polo dúo Mofa e Mofa e protagonizado por Carlos Blanco e Quico Cadaval, volve a Pontevedra. E farao por partida dobre. Será este sábado 24 de xaneiro no Pazo da Cultura. Nun principio ía ser só ás 20.00 horas, pero ante o éxito alcanzado coa venda de entradas, haberá un segundo pase ás 22.30 horas.
Máis de 35.000 espectadores viron xa este espectáculo cómico polo que pasaron, ao longo destes cinco anos, figuras como Luis Zahera, Rober Bodegas, Cándido Pazó, Javier Veiga, Sergio Pazos, Manuel Manquiña ou Víctor Fábregas.
Agora, da man de Carlos Blanco e Quico Cadaval inician esta nova xira cunha nova montaxe que promete dúas horas de risas aseguradas, dúas horas de humor, do noso humor, ese humor negro e 'retranqueiro' que tanto caracteriza os galegos.
Cada actuación é un auténtico espectáculo e os seus protagonistas, a través das súas diferentes formas de entender o humor, teñen liberdade interpretativa total, polo que cada unha das súas funcións remata sendo única e irrepetible.
As entradas, que poden adquirirse a un prezo de trece euros máis gastos de xestión, están dispoñibles en www.servinova.com. En caso de que non se esgoten, tamén poderán comprar o propio día da representación, dúas horas antes do inicio de cada pase.