Kiko da Silva, gañador do Premio de IX Banda Deseñada Castelao
Por Redacción
O debuxante pontevedrés Kiko da Silva foi elixido como gañador do IX Premio de Banda Deseñada Castelao que convoca anualmente a Deputación da Coruña.
A institución provincial escolleu o traballo O inferno de debuxante entre os 13 relatos presentados a concurso.
O inferno de debuxante conta a historia de Manuel Pardo, un ilustrador que nunca é capaz de publicar as súas creacións porque sempre se encontra con que outra persoa o fixo antes.
O Premio de Banda Deseñada Castelao está dotado cun premio económico de 6.500 euros e a publicación da obra por parte da Deputación.