As bandas locais toman as prazas do centro histórico, volven os 15 Bolos
Por Oskar Viéitez
As prazas da Verdura e do Teucro volverán a acoller o festival de música 15 bolos na primeira semana de agosto. "Pontevedra é o principal escenario de concertos de balde de toda Galicia", destacou o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, durante a presentación da terceira edición deste evento.
Ata un total de 36 grupos que ensaian no Local de Música do Concello de Pontevedra presentáronse a esta entrega.
Ademais da oportunidade que supón actuar nestas prazas tan concorridas en verán, os participantes contarán coa publicidade que supón a inserción do seu nome nos programas oficiais e as campañas promocionais.
Os 14 grupos foron escollidos por un xurado que tivo moi en conta a calidade técnica e musical, a profesionalidade e consistencia do seu proxecto así como a traxectoria e o estilo "e decir, que o nivel de barullo se adapte ao lugar onde vai ser o concerto", chanceou Demetrio Gómez.
"Hai cabida para todos, pero cada un terá o seu escenario", así A Verdura se reserva para os grupos cun son "máis suave" e a Praza do Teucro acollerá diferentes estilos.
Os elexidos son: Fátima Baña, Visceral Eyes, Jhonander, Sinerxia, Mala Hierba, Solfabirras, Juan Pablo Charlo Band, Green Envy, Calle del Ruido, La4pared, Mr. Magoo, De Buena Tienta, a Freire Big Band ou La Casa de los Ingleses.
De entre todos os grupos o xurado elixiu ao grupo Vortex como teloneiros dun dos concertos da Praza de España "quenes son non o sabemos, é un segredo ata para nós, pero pedíronos que fora un grupo cunha música que soase alto, rápido e forte", indicou o concelleiro.
O resto dos grupos elixidos, cuxos concertos realizaranse na Praza da Verdura e na Plaza do Teucro son: Fátima Baña, Visceral Eyes, Jhonander, Sinerxia, Mala Hierba, Solfabirras, Juan Pablo Charlo Band, Green Envy, Calle del Ruido, La4pared, Mr. Magoo, De buena tinta e Freire Big Band.
Relacionadas:
-
Atlántica, Visceral Eyes e Jhonander estrean os primeiros '15 bolos' do verán no centro histórico
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra presume de factoría musical cunha exposición nos cubos da Praza de Ourense
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Aberto o prazo de inscrición para as bandas que queiran participar no 15 bolos
Por Oskar Viéitez |