Unha década ensinando música en Vilagarcía
Por Redacción
Dez anos leva xa o Conservatorio profesional de Música de Vilagarcía coas portas abertas e dende este lunes 7 de abril vaino conmemorar cun amplo programas de actividades destinadas á toda a poboación e que serán de balde.
A programación será especialmente intensa durante a vindeira semana e unirá dous obxectivos ao mesmo tempo: compartir a celebración coa cidadanía e dar a coñecer a súa actividade e promocionar a música entre os vilagarciáns.
O programa de actos deste décimo aniversario abrirao este luns a II Masterclass de Violín que impartirá Diana Tischenko. Esta profesional da orquestra de Viena Gustav Mahler Jugendorchester xa estivo en novembro en Vilagarcía impartindo unha clase maxistral que contou con boa acollida entre o alumnado do centro e de outros conservatorios de Galicia.
Naquela ocasión foron varios os que que non puideron participar como alumnos activos naquela clase por terse cubrido todas as prazas, de modo que esta semana, aproveitando unha nova visita de Tishchenko a Galicia, o departamento de Tecla do Conservatorio propuxo organizar esta II Masterclass de Violín que será aberta ao público en xeral, aínda que como alumnos activos só participarán cinco violinistas.
Este martes 8 de abril, o departamento de Piano do Conservatorio será o protagonista da programación, cun concerto dos alumnos do grao elemental e profesional a partir das 20.00 horas no Auditorio Municipal.
O mércores, día 9 de abril, a cita será ás 20.00 horas tamén no auditorio, coa actuación do trío 'Cassadó', formado por Javier Vila (piano) Yulia Petrushevskaya (violín) e Thomas Piel (violonchelo).
Para o xoves o programa inclúe unha actividade didáctica a partir das 20.00 horas na sala de conferencias do Auditorio. O profesor Manuel Morales repasará a evolución da frauta traveseira.