Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán esté sábado na Alameda de Marín
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra financia a través do programa +Música a actuación de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre que se celebrará este sábado 7 de setembro a partir das 21:00 horas na Alameda de Marín.
Con +Música, a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a nosa cultura e a nosa lingua, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre presentarán o seu novo traballo, 'Axúdame a sentir', publicado este mesmo ano. O título é unha frase que lle dicía con frecuencia a Díaz a súa avoa materna, Obdulia, e ten moi presente a dualidade entre a humanidade e o virtual e as máquinas.
Este é o cuarto traballo conxunto das dúas formacións, tras un camiño comezado fai agora unha década e co que xa realizaron máis de 400 actuacións por toda Europa e América.
O concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre forma parte da programación de concertos das Festas da Virxe do Porto, e é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia no marco deste programa provincial: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. +Música ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.
Relacionadas:
-
Luis López denuncia o "ostracismo" por "razóns ideolóxicas" aos colectivos veciñais por parte do anterior goberno de Carmela Silva
Por Oskar Viéitez |
-
O trompetista Esteban Batallán, "un pontevedrés que leva o noso nome polo mundo"
Por Redacción |
-
Xisco Feijoó, atractivo musical no inicio do Congreso Nacional de Numismática do Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
O exterior do templo antigo de Marín acollerá este xoves a homenaxe a Caballé e Pavarotti
Por Redacción |