De Vacas presenta na Ferrería o seu "Rebovina Divas Live"
Por Redacción & Mónica Patxot
O ciclo ‘Con voz de muller’ trouxo este xoves á Praza da Ferrería ás raíñas do Guachinei: o grupo De Vacas, que presentou ao público pontevedrés o seu novo espectáculo "Rebovina Divas Live".
De Vacas sacou o po as súas mellores galas para ofrecer unha homenaxe ás divas do pop, Whitney Houston, Celine Dion, Beyoncé… mulleres que acompañaron coas súas cancións e coreografías tantos momentos felices.
Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz, xunto ao guitarrista Guillerme Fernández, son De Vacas, un grupo que non fai versións senón que transforma as cancións indo máis aló.
No repertorio do seu concerto da Ferrería tampouco faltaron temas de Shakira ou das súas adoradas Spice girls.
Relacionadas:
-
Guadi Galego estrea o ciclo 'Con voz de muller'
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Conta atrás para Con voz de muller, "o programa das Festas polo que sentimos máis orgullo"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Con voz de muller trae a Pontevedra a Guadi Galego, De Vacas, Sheila Patricia e Malvela
Por Redacción |