Morgan publica un disco en directo días antes de actuar no Pazo da Cultura
Por Redacción
"Morgan & The Golden Family - Live at WiZink Center" é o título do disco en directo do memorable concerto da banda no WiZink Center de Madrid.
A publicación deste disco prodúcese días antes do reencontro de Morgan co público pontevedrés. Este concerto será este 27 de xaneiro no Pazo da Cultura.
A banda liderada por Nina de Juan xa protagonizou en 2019 con gran éxito una das citas do ciclo As Matinés do Principal, logrando encher o Teatro Principal.
No seu próximo concerto en Pontevedra, Morgan interpretará os principais temas do álbum 'The river and the stone' e, ademais, avanzan que incluirán algunhas das súas cancións clásicas, do mesmo xeito que sucedeu nese concerto de Morgan & The Golden Family no WiZink Center de Madrid celebrado o 21 de xaneiro de 2023, durante a xira "The River Tour" que se converteu nun dos fitos máis relevantes da banda, nunha das facetas na que mellor se reflicte a súa enerxía, como é o directo.
Durante o show fixeron un repaso dos clásicos dos 3 discos de estudo nun formato que Morgan utiliza en ocasións moi excepcionais xunto á Golden Family e no que lles acompañan con seccións de ventos, cordas e coros. Ademais, o concerto contou (terminou de redondearse) coa colaboración tan especial para a banda como é Alejandro Ovelleiro e Quique González, onde compartiron escenario nos temas "Home" e "Sarxento de Hierro", respectivamente.
O disco está dispoñible só en formato de triplo vinilo e á venda exclusivamente nos concertos de fin de xira que a banda comezou o 29 de outubro en Huelva e recalará en Pontevedra. O disco inclúe os 18 temas do concerto íntegro, así como un extra de 3 temas do EP Cool Mood Sessions.
Relacionadas:
-
Morgan estrea o 2024 musical en Pontevedra nun Pazo da Cultura 'a rebentar'
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Albert Plá e Guadi Galego súmanse a Morgan e Mahmood no arranque musical de 2024
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Morgan regresará a Pontevedra en xaneiro de 2024 para despedir a súa xira "The River Tour"
Por Alejandro Espiño |