Semana de contos na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra
Por Anxo Lourido
Durante os próximos días desenvólvense diversas actividades do Nadal na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra.
Este martes 12 de decembro, a partir das 18.00 horas, está prevista a presentación do libro 'Klad, el loro pegatina'. Trátase dun conto máxico, tenro e cheo de cor das autoras Genma Pardo, Gemola, e EvaBlu.
Este libro ten carácter solidario. A recadación que se obteña coa súa venda destinarase a diferentes entidades que axudan á loita contra o cancro infantil.
A entrada é libre e o acto está aberto a público infantil, xuvenil e adulto.
O venres 15, a actriz pontevedresa Bea Campos, a partir das 18.00 horas, ofrecerá divertidas historias do Nadal con acompañamento musicla para toda a familia.
Este espectáculo gratuíto vai destinado especialmente a público infantil de máis de tres anos.
Ademais, desde a dirección da Biblioteca anuncian que entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro desenvolverase o Ludobiblio Cempés, un servizo aberto ao público para que as familias teñan a opción de deixar aos nenos e nenas con idades comprendidas entre catro e nove anos o tempo que precisen no recinto bibliotecariao entre as 10.00 e as 13.00 horas.
Desenvolveranse diversas actividades como animación á lectura, expresión plástica e propostas psicomotrices e movemento libre con xogos e diversos materiais.
O máximo de participantes é de 15 persoas ao mesmo tempo, coa opción de entrar e saír en calquera momento. A admisión realízase por orde de chegada.
Relacionadas:
-
Apalpador, panxoliñas, xogos e moita artesanía na primeira fin de semana de actividades de Nadal
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Apertura do prazo para solicitar un posto no Mercadiño de Nadal no primeiro andar do Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra publica o relato para público infantil 'Mar e a pantasma das treboadas'
Por Redacción |
-
Unha pista de xeo na Praza de España, principal novidade no programa de Nadal
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |