Gómez Besteiro confirma a reforma da N-541 onde faleceron seis persoas no accidente de autobús
Por Redacción
José Ramón Gómez Besteiro, delegado do Goberno en Galicia, visitaba este venres o municipio de Cerdedo-Cotobade para coñecer a problemática da contorna da N-541. Durante o percorrido estivo acompañado por Ana Couto, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía.
Achegáronse ata a Ponte de Pedre, o punto no que se rexistraba o tráxico accidente de autobús no nadal de 2022 no que falecían seis persoas que circulaban neste medio de transporte.
O delegado do Goberno insistiu no compromiso do Goberno de reforzar a seguridade viaria nesta estrada de titularidade estatal e lembrou o investimento de máis de catro millóns de euros prevista para esta mellora.
O proxecto contempla a reforma do firme ao longo dun tramo de 17 quilómetros da N-541, entre o punto quilométrico 51, situado en Forcarei, e o 68 xa en terreos de Cerdedo-Cotobade.
Segundo o delegado, esta reforma será licitada no menor tempo posible, segundo indicaron desde o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.
Relacionadas:
-
O PP lamenta o "deixamento do Goberno central" coa N-541 en Pedre tras un novo accidente
Por Natalia Puga |
-
Nova petición de mellora urxente da N-541 despois dunha saída de vía dun motorista en Cernados
Por Anxo Lourido |
-
Dúas mulleres e unha menor, trasladadas ao caer por un barranco na N-541 en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
O vento desprende as chapas dun tellado cortando a estrada de Laxoso
Por Oskar Viéitez |
-
Os candidatos do PSOE á alcaldía de Pontevedra e Campo Lameiro prometen unha rede conxunta de sendas fluviais
Por Redacción |
-
O Goberno central anuncia obras de mellora da N-541 que incluirán o lugar onde caeu o autobús ao Lérez
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a auga que verte na N-541 a estrada entre Pedre e Serrapio
Por Redacción |
-
Jorge Cubela: "Cantos accidentes e falecidos ten que haber para que non se nos acuse de oportunismo político?"
Por Natalia Puga |
-
Cinco galegos e unha muller peruana, as vítimas mortais do autobús accidentado en Cerdedo
Por Alejandro Espiño |
-
Seis mortos e dous superviventes, o tráxico balance do autobús que caeu ao Lérez na Noiteboa
Por Alejandro Espiño |
-
Noiteboa negra en Cerdedo: dous mortos e tres desaparecidos tras caer un autobús ao Lérez
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada