Peche de 24 horas dos celadores no auditorio do Hospital Montecelo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Desde as 08.00 horas deste luns 23, o colectivo de celadores do Hospital Montecelo iniciaba un peche no auditorio deste centro hospitalario que durará 24 horas. Durante esta xornada tamén mostraban a súa pancarta con concentracións na entrada do hospital recibindo o apoio dalgúns pacientes.
A intención, segundo afirma o portavoz Gustavo Olmedo, é que quede visible a situación deste persoal que leva anos reclamando melloras. A última reclamación producíase o xoves 19 ante a dirección da xerencia da área sanitaria, liderada polo xerente José Flores, que atendía as súas peticións e prometía estudalas.
Este colectivo alerta da necesidade de que se renoven as padiolas e as cadeiras de rodas coas que traballan tanto no servizo de Urxencias como nos quirófanos de Montecelo. Demandan a dignificación no sistema de contratacións con contratos temporais de maior duración e un espazo determinado para este persoal no Gran Montecelo.
Outra das reclamacións xa históricas dos celadores céntrase en que pasen a ser considerados categoría sanitaria. Alegan que realizan actividades de carácter sanitario e, con todo, carecen desa cualificación. senten, por este motivo, discriminados en relación a celadores de Navarra, onde se teñen categoría profesional sanitaria.
Peche do colectivo de celadores no Hospital Montecelo
Profesionais que realizan estas tarefas na área sanitaria de Pontevedra protagonizan esta protesta de 24 horas para demandar melloras como o recoñecemento da súa categoría sanitaria e contratos temporais de máis duración
© Colectivo de celadores do Hospital Montecelo
Relacionadas:
-
Acusan a Xerencia da área sanitaria de facer contratos por horas onde o persoal celador "sabe a hora á que entra pero non cando sae"
Por Redacción |
-
Celadores e xerencia analizan os cambios de padiolas e cadeiras de rodas na área sanitaria
Por Redacción |
-
Nova concentración dos celadores para reclamar que os recoñezan como sanitarios
Por Redacción |
-
A Xerencia da área sanitaria comprométese a estudar contratacións temporais por períodos de nove meses
Por Redacción |
-
Convocado un encerro dos celadores para o luns 23 de xaneiro en Montecelo
Por María José Pita |
-
Cada día nun servizo e con material obsoleto, a triste realidade dos celadores de Pontevedra
Por Mónica Patxot & María José Pita |