Jorge Cubela: "Cantos accidentes e falecidos ten que haber para que non se nos acuse de oportunismo político?"
Por Natalia Puga
O accidente mortal dun motorista rexistrado este venres na estrada N-541 en Tenorio volve traer ao recordo de todos o grave sinistro dun autobús en Noiteboa en Pedre, na mesma estrada e municipio de Cerdedo-Cotobade. Tamén do alcalde, Jorge Cubela, que manifestou en nome da Corporación municipal o seu "máis profundo pesar" polo falecemento deste veciño de Marín de 52 anos.
Pero ademais de resucitar o recordo dos tristes sete falecementos de Noiteboa, tamén aviva a polémica xurdida nas últimas semanas sobre a seguridade desta vía estatal.
Esta semana, alcaldes de sete municipios do interior polos que pasa a N-541, co apoio das cidades de Pontevedra e Ourense, crearon unha fronte común para esixir ao Goberno a reforma integral da N-541 e o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, acusounos de "oportunismos políticos".
Agora, tras este novo falecemento deste venres, Cubela pregúntase "cantos accidentes e falecidos ten que haber para que non se nos acuse de oportunismo político?".
Jorge Cubela mostrou a súa total solidariedade coa familia e amigos do motorista sinistrado e púxose á súa total dispoñibilidade para o que consideren oportuno, ao mesmo tempo que agradeceu novamente aos servizos de emerxencia a súa actuación "profesional e dilixente" para intentar salvarlle a vida.
Relacionadas:
-
Unha muller resulta ferida nun accidente na N-541 en Tenorio
Por Redacción |
-
O PP lamenta o "deixamento do Goberno central" coa N-541 en Pedre tras un novo accidente
Por Natalia Puga |
-
Nova petición de mellora urxente da N-541 despois dunha saída de vía dun motorista en Cernados
Por Anxo Lourido |
-
Gómez Besteiro confirma a reforma da N-541 onde faleceron seis persoas no accidente de autobús
Por Redacción |
-
O Goberno central anuncia obras de mellora da N-541 que incluirán o lugar onde caeu o autobús ao Lérez
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG leva ao Congreso a adopción de medidas urxentes na N-541
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian a auga que verte na N-541 a estrada entre Pedre e Serrapio
Por Redacción |
-
Falecido un motorista de Marín nun accidente na N-541 en Tenorio
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Miñones ve "fóra de lugar" o pacto de alcaldes pola N-541 ao consideralo "oportunismo"
Por Redacción |
-
Fronte común de alcaldes de Pontevedra e Ourense para esixir unha actuación integral na N-541
Por Alejandro Espiño |