Falece unha muller de 87 anos ingresada no CHOP con covid-19, a morte 231 da pandemia
Por Natalia Puga
Unha muller de 87 anos converteuse na vítima 231 con covid-19 desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, a segunda desde o inicio deste ano 2022.
A muller estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e, segundo a información oficial do Sergas, tiña patoloxías previas ao seu diagnóstico por coronavirus.
Esta paciente confirmouse este martes como vítima da covid-19, pero xa faleceu o luns 3 de xaneiro. Desta maneira, nesa mesma xornada houbo dúas mortes de persoas coa enfermidade na área sanitarIa, pois xa se confirmara a dunha muller de 84 anos ingresada no Hospital do Salnés.
Neste martes 4 de xaneiro o Sergas confirmou que faleceron en Galicia 4 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tres o luns e unha o pasado venres 31 de decembro. Todas tiñan patoloxías previas.
O último día do ano 2021 faleceu unha muller de 83 anos en POVISA, en Vigo. O luns 3 as mortes foron, ademais da vítima do CHOP, unha muller de 79 anos no HULA de Lugo e un home de 89 anos no CHUAC da Coruña.
Relacionadas:
-
Un home de 69 anos, terceiro falecido con covid-19 esta semana na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria afrontará a noite de Reis cun novo récord: 7.047 casos activos
Por Redacción |
-
Presión "cada vez maior" en atención primaria e urxencias e dez hospitalizados máis nunha semana
Por Natalia Puga |
-
Unha muller ingresada no Hospital do Salnés, primeira falecida con covid-19 do ano na área sanitaria
Por Natalia Puga |