O BOE publica o expediente da declaración de falecemento de Sonia Iglesias

Por Redacción
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este mércores 24 de febreiro un oficio do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra sobre o expediente de declaración de falecemento de Sonia Pilar Iglesias Eirín, a pontevedresa desaparecida o 18 de agosto de 2010.
A letrada da Administración de Xustiza, Gema Antolín Pérez, "fai público" o expediente aberto e solicita "aos que teñan noticias da súa existencia" que informen o tribunal.
"Faise público para que os que teñan noticias da súa existencia poidan poñelas en coñecemento deste Xulgado e ser oídos", recolle o BOE.
Ademais, neste oficio faise constar o último domicilio de Sonia, na praza Campo da Torre, e o seu carné de identidade.
O procedemento abriuse o pasado mes de novembro a pedimento do seu fillo, Alejandro Araújo Iglesias, máis dunha década despois da denuncia pola desaparición desta muller de 37 anos.
Relacionadas:
-
Propoñen denominar 'Parque Sonia Iglesias' ao espazo infantil previsto en Campo da Torre
Por Redacción |
-
Sonia Iglesias, declarada oficialmente morta desde xaneiro de 2021
Por Natalia Puga |
-
Once anos sen Sonia Iglesias, agora tamén sen o seu pai, e con todas as incógnitas por resolver
Por Natalia Puga |
-
Inician os trámites para que Sonia Iglesias sexa declarada oficialmente morta
Por Natalia Puga |