Manter a ofrenda institucional á Virxe Peregrina, petición do PP ao goberno da Deputación
Por Redacción
A deputada provincial do Partido Popular Pepa Pardo reclamou este martes á presidenta da Deputación que conserve a ofrenda institucional que o goberno provincial realiza tradicionalmente á Virxe Peregrina durante a celebración da semana grande das festas.
A representante do PP realizaba esta petición tras as críticas da concelleira de Festa do Concello de Pontevedra, Carme da Silva. A nacionalista lamentaba que desde a presidencia da Deputación se participe neste tipo de actos de carácter relixioso. Pepa Pardo afirma que os políticos deben estar onde está a xente e non se entendería, apuntou, que por un capricho do BNG se eliminase esta tradición que non é só da Deputación, senón da xente de toda a provincia.
Incidiu lembrando que os veciños de Pontevedra "xa teñen que aguantar desde hai 20 anos que o alcalde da localidade non asista aos actos litúrxicos das festas ou que non se promocione turisticamente a Semana Santa". A deputada do PP cre que os cargos políticos deben saber que representan a todos os veciños, tanto aos que os votaron como aos que non.
A Deputación realizou a ofrenda durante todo o mandato anterior no que xa había goberno compartido entre o PSOE e o BNG na institución provincial. Neste caso, era realizada pola deputada socialista Digna Rivas, á que agora os populares acusan de negarse a participar na procesión do Corpus como alcaldesa de Redondela.
Estas discrepancias entre PSOE e BNG serviron para que o PP aproveite para establecer dúbidas sobre o goberno bipartito. Cren que mal comezan se o Bloque xa está a criticar ao seu socio de goberno. "Os bipartitos, por norma habitual, sempre se acaban convertendo en bigobernos, apuntou Pepa Pardo.
Relacionadas:
-
A situación sanitaria deixa á Virxe Peregrina este agosto sen ofrenda floral e sen procesión
Por Marisa Ciordia |
-
A ofrenda á Peregrina e a tradición de "ter os mortos agochados nas cunetas"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP busca que o Pleno da Deputación apoie a ofrenda á Virxe Peregrina que critica o BNG
Por Redacción |
-
O Bloque acusa ao PP de querer volver ao "nacionalcatolicismo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A concelleira de Festas, sorprendida pola ofrenda da Deputación á Virxe Peregrina: "Nós cremos no laicismo"
Por Redacción |
-
Invocación á Virxe Peregrina, como patroa da provincia, para construír "unha sociedade máis xusta e de dereitos"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |