Os danos causados por unha fuga de auga no CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis van repararse a partir do día 30
Por Redacción
Este mércores 30 está previsto que comecen as obras de reparación dos desperfectos que foron ocasionados no CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis por unha fuga de auga que se iniciou por mor da rotura dunha tubaxe.
A empresa adxudicataria das obras vai coordinar as actuacións con Concello para tentar evitar que afecten ao funcionamento da actividade escolar e para notificar de forma puntual o estado en que se atopan os traballos.
Os desperfectos son cuantiosos e serán asumidos inicialmente tanto pola Xunta de Galicia como polo Concello de Cuntis. Está previsto que se repoñan tanto os mobles dañados como as instalacións que sufriron os efectos da auga. A fuga afectou aos teitos e a diversas dependencias do centro escolar.
Segundo o goberno local, todas as reparacións serán reclamadas ás compañías aseguradoras.
Relacionadas:
-
A ampliacion do instituto de Caldas, pendente de que o Concello ceda os terreos a Educación
Por Redacción |
-
Esixen garantías de seguridade no colexio de Cuntis ante novos desprendementos do teito
Por Oskar Viéitez |
-
Reanúdanse as clases no CPI Aurelio Marcelino Rey tras resolver a avaría na rede de auga
Por Redacción |
-
Suspenden as clases no colexio Aurelio Rey de Cuntis por unha avaría que asolagou o centro
Por Redacción |