Rajoy felicita o Nadal á Brilat en Afganistán
Por Redacción
As tropas da Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) desprazadas dende principios de decembro en Afganistán recibiron este mércores unha felicitación do Nadal moi especial, a do presidente do Goberno, o pontevedrés Mariano Rajoy.
A diferenza do acontecido nos dous anos anteriores, cando Rajoy felicitou as festas ás tropas españolas despregadas no exterior dende a Escola Naval Militar de Marín, este ano o presidente conectouse por videoconferencia cos militares dende o Palacio de La Moncloa. E é que este ano o mandatario non pasará o Nadal en Pontevedra, senón que quedou con toda a súa familia na súa residencia oficial madrileña.
Rajoy felicitou as festas a través de video conferencia a todas as tropas despregadas en misións no exterior e na pantalla que se mostrou aos medios podía distinguirse os militares de Afganistán, onde a Brilat mantén uns 280 efectivos.
No seu discurso, o presidente fixo unha especial mención á transformación da misión de Afganistán, que a Brilat asumirá nos próximos días na base de Herat e na que en 2015 se aplicarán "nuevos modelos de compromiso con la seguridad".
A tradicional conexión do Nadal serviu para que destacase que "España es una gran nación y lo es sin duda en parte por la entrega y vocación de sus militares" e insistise na súa contribución "esencial" para que España ocupe un asento no Consello de Seguridade de Nacións Unidas en 2015 e estea considerado como un aliado "fiable" pola OTAN e a Unión Europea.
Relacionadas:
-
Regresan de Afganistán os últimos efectivos da Brilat despregados na zona
Por Redacción |
-
Os "adanes" de Podemos e outras perlas do patriótico brinde pontevedrés de Mariano Rajoy
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O selfie de Soraya cos militares da Brilat en Afganistán
Por Redacción |
-
Saen de Lavacolla os últimos soldados da Brilat que participarán na misión de Afganistán
Por Redacción |
-
A Brilat despide os 280 militares que asumirán en Afganistán unha misión con risco "calculado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |