O PP advirte que "así como está" non apoiará a modificación de crédito que impulsa o goberno municipal
Por Alejandro Espiño
Aínda que desde o Partido Popular agradecen que o goberno municipal iniciara "por primera vez" unha negociación "sincera" con eles, neste caso para aprobar unha modificación de crédito, Rafa Domínguez advertiu que "así como está" non a apoiarán.
O executivo de Fernández Lores traballa nunha proposta para incorporar 9,5 millóns de euros dos remanentes do Concello ao orzamento de 2024 e abriuse a negociar a súa aprobación tanto cos seus socios preferentes, o PSOE, como co PP.
Isto débese, segundo Domínguez, a que o BNG "necesita apoyo externo" para poder gobernar.
A pesar iso, os populares tiveron a man ao goberno municipal, pero adiantan que presentarán unha "propuesta de mejora" a este documento para "enriquecerlo".
"No vamos a pedir imposibles para poder llegar a acuerdos", sostivo o líder do PP, que criticou que o Concello "meta todo" nesta modificación de crédito, no canto de ir negociando partida por partida, o que ao seu xuízo facilitará a súa aprobación.
Como exemplo, Rafa Domínguez asegurou que se "sacan ya" unha modificación que só inclúa as axudas pendentes aos clubs deportivos "la tienen aprobada".
Por iso é polo que reiterase que "sin asumir otros compromisos", o PP votará en contra desta modificación de crédito, aínda que recoñeceu que o goberno municipal "tiene otra baza", lograr o apoio dos socialistas para emendar o seu orzamento.
Relacionadas:
-
O PSOE apoiará a modificación de crédito que tramita o goberno local tras chegar a un acordo co BNG
Por Alejandro Espiño |
-
O apoio do PP á modificación de crédito pasa por melloras na Parda, A Seca, A Moureira ou Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
Na procura de consenso coa oposición para aprobar a primeira modificación de crédito do orzamento
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra eleva o seu orzamento ata os 116,5 millóns de euros tras liquidar as contas de 2023
Por Alejandro Espiño |