![Paisaxes progresivas](/radio/cache/scene/uploads/radio_programas/foto/018/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgRyq/Lzc52L8gt0TE1NdR_/_JLS/KVrGsB_/66334e953e-paisajes-progresivos.jpg)
Alberto Pazo.
Alberto Pazo.
'Paisaxes progresivas' é un programa musical que convida a mergullarse nos sons menos convencionais. Un percorrido polo universo musical do rock progresivo e as músicas afíns a través dos seus protagonistas: músicos, bandas, discografías, estilos, países…
"É unha oportunidade de coñecer e gozar música de verdade, á marxe dos circuítos comerciais, modas e tendencias, ignorada por medios e críticos, pero que abrirá mentes cara a paisaxes sonoras excepcionais" tal e como o describe o condutor deste podcast, Alberto Pazo.
Tempo de suites (1). Tres suites de Escandinavia.