Boomer o último #20: Veráns boomer

Boomer o último #20: Veráns boomer

Sab | 12:00 | 13:19

O verán xa está aquí, confírmeo ou o desminta a meteoroloxía reinante. Así que postos en modo estival, Marcial Outeda e Jesús Fontanesreviven os veráns boomer. Piscina ou praia?, pero antes de pisar auga, cantas horas había que facer de dixestión?... E quedabas untado de crema ata que parecías un boneco de neve?, eras de infancia da sesta obrigatoria?, eras de vacacións Santillana?... Cales eran as bandas sonoras dos teus veráns?, porque non houbo nin hai verán sen canción do idem. Non vos sufoquedes, que hai refrescos e xeados para toda aquela persoa que entre nesta edición do podcast, chea como sempre de nostalxia e retranca.

Boomer o último

Sábado ás 12.00 horas

Segundo o prospecto, este podcast pode resultar prexudicial para a saúde; principalmente se o organismo non está preparado para altas doses de retranca.

RADIO.- Marcial Outeda e Jesus Fontanes reviven os veráns boomer

Por |

'Boomer o último' ponse en modo verán. En modo aqueles veráns, os que como nenos, adolescentes e mozos da súa época viviron os protagonistas deste podcast de PontevedraViva Radio. Nostalxia e retranca en cornete para refrescar este momento estival

Fechar