Os dez lanzamentos 15dec2023
Ven | 17:00 | 17:38
Para esta última edición do ano, comezamos co álbum debut da banda viguesa Mürt. Desde Vilagarcía traemos tamén novo elepé de Xackal e a panxoliña tráena Fuxan vos Ventos. Seguimos co novo álbum en directo de Sexy Zebras; sinxelo de Iseo & Dodosound; novo disco - con segunda e terceira parte en 2024 - de Pedro Guerra; Lori Meyers xunto a Manuela de Rufus Firefly; epé de Nacho Veigas; revisión de temas con colabos para o novo traballo de Antonio Orozco e completamos co tema 'No se me olvida' co que a cantautora pontevedresa Yoly Saa participa no próximo Benidorm Fest.