Os dez lanzamentos 17nov2023
Ven | 17:00 | 17:33
Ripoll e Algora traen 'Humo y heridas', pasamos a O'Cristo - desde Cádiz, non desde Galicia -, e os seguintes, si, galegos: Blanco Palamera. Tamén están novidades de Pajaro Sunrise, a colaboración de Víctor Cabezuelo, Javier Martín, Gloria Maurel e Ángeles Toledano, o novo álbum de Coque Malla, e o 'Palante' de Funzo e Baby Loud. 'Meu amore' é o novo tema de Sen Senra - que non obtivo Grammy Latino -, quen si o tiveron no seu momento foron os Milli Vanilli que veñen con reedición de 35 aniversario... con ou sen polémica; e para completar a colaboración de Nicki Nicole e Bad Gyal.