
Fondo Norte Podcast #60
Mér | 17:00 | 18:27
Un domingo máis volveron saír medio enfadados de Pasarón. E iso que se remontou. Remontadas ou non, os do podcast Fondo Norte están unha semana máis para falar de todo o relacionado co Pontevedra Club de Fútbol. Manu Quiroga, Manu Otero, Alexandre Davila e Pablo Cacheda falan do partido ante o CD Arenteiro pero tamén sobre os nervios que hai no club, co director deportivo entrando en vestiarios a ter encontróns con xogadores e a presidenta discutindo publicamente no descanso do partido.
(Fotografía. Cristina Saiz)