
Fondo Norte Podcast: Presentación en PontevedraViva Radio
Sab | 17:00 | 17:20
Fondo Norte Podcast incorpórase a nosa nova tempada de PontevedraViva Radio. Un proxecto que xurdiu de Manuel Quiroga, consultor de márketing dixital quen en 2009 creara o foro de afeccionados granates Pontevedracf.net. Rodeouse dun equipo que conforman o xornalista de PontevedraViva, Manu Otero; o tamén profesional do xornalismo deportivo Alexandre Davila e Pablo Cacheda, director, realizador e produtor audiovisual. En Fondo Norte Podcast comentan a actualidade do Pontevedra Club de Fútbol semanalmente en directo.
A partir do próximo mércores 8 de setembro redifundiremos este podcast ás 17.00 horas no seu streaming e estará dispoñible tamén na web para escoitar no momento que se prefira.