Autor
(Pontevedra, 1974) é licenciado en Historia nos itinerarios de Historia Antiga, Historia Medieval e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, con Diploma de estudios avanzados en Historia Antigua pola mesma. Cursou o CAP pola Universidade de Vigo para docencia de secundaria. Ten publicados artigos en revistas dixitais e revistas físicas, tratando aspectos relativos á epistemoloxía, a aplicación da psicoanálise ó coñecemento histórico, a Historia Antiga, sobre todo arredor da Gallaecia, e a Historia Medieval de Pontevedra, afondando neste aspecto na inestabilidade social na Pontevedra do século XV, a mentalidade ante a morte entre os séculos XIII ó XV e os grupos de marxinados na Pontevedra Baixomedieval. Como arqueólogo participou en numerosas campañas tanto en Galicia como fóra dela, ca Universidade de Santiago de Compostela e ca Universidade de Valladolid.
É ademais profesor de arqueoloxía como actividade extraescolar e divulgador da cultura clásica e da historia das relixións. Está no forno, listo para saír, o seu libro Habere Legionis Populum Romanum. Una historia del ejército romano, o resultado de anos de investigación e documentación sobre a historia, a evolución, o abastecemento, o armamento e ás tácticas do exército romano dende os inicios de Roma ate o Baixo Imperio, que será publicado pola editorial Arenas. Actualmente está en fase de tese na Universidade de Santiago de Compostela e tamén exerceu de profesor convidado na Universidade Sénior do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo no curso 2023-2024