"ÿ vergonzoso gastar diñeiro público para que uns neopaletos se vaian fumar un puro á praza de touros de Pontevedra"

Pontevedra
22 de febreiro 2013

"A tortura e o maltrato non poden ser considerados cultura". Baixo esa idea, 25 deputados do Parlamento galego, os nove de Alternativa Galega de Esquerda, os sete do BNG e nove do PSdeG-PSOE, sumáronse á "fronte antitaurina" que existirá no Parlamento de Galicia para erradicar as corridas de touros na autonomía e evitar "o maltrato e a tortura de animais"

Praza de touros de Pontevedra
Praza de touros de Pontevedra / PontevedraViva

"A tortura e o maltrato non poden ser considerados cultura". Baixo esa idea, 25 deputados do Parlamento galego, os nove de Alternativa Galega de Esquerda, os sete do BNG e nove do PSdeG-PSOE, entre eles o seu secretario xeral, Pachi Vázquez, sumáronse á "fronte antitaurina" que existirá no Parlamento de Galicia para erradicar as corridas de touros na autonomía e evitar "o maltrato e a tortura de animais".

Nunha rolda de prensa na que participaron parlamentarios dos tres grupos, un dos membros de 'Galicia, mellor sen touradas', Rubén Pérez, explicou que Galicia "é unha comunidade na que o interese social por estas celebración é nulo", e a pesar diso, recibe "toda clase de subsidios por parte de diferentes institucións", especialmente en A Coruña e Pontevedra, cidades que "acolleron oito das 10 corridas de touros que houbo" en 2011 ou en 2012".

"Entendemos que se estes festexos taurinos non tivesen apoio institucional non terían lugar, porque non hai apoio social que os sustente", asegurou o membro de 'Galicia, mellor sen touradas' antes de asegurar que "só os municipios do Partido Popular son os que financian estas prácticas".

Segundo explicou a parlamentaria socialista Patricia Vilán, deputada por Pontevedra, "a maioría" dos deputados do PSdeG-PSOE sumáronse a esta iniciativa ao estar "absolutamente en contra do maltrato animal" e a favor da defensa dos seus dereitos, mentres que a nacionalista Ana Pontón confiou en que esta fronte sirva para avanzar pola "vía aberta por Cataluña" e lograr a prohibición destes festexos.

Pero moito más gráfico foi o deputado de AGE, Antón Sánchez quen indicou que "o progreso social significa camiñar cara a unha sociedade cada vez máis violenta, con cada vez máis dereitos para as persoas e os animais". Por iso, considerou que "se se pode definir unha política como retrógrada esta é a do Partido Popular".

"O PP na historia da democracia opúxose a todo o que significou o aumento dos dereitos das persoas, como o divorcio, o aborto ou os matrimonios homosexuais", recordou Sánchez antes de cualificar de "vergonzoso" que "gaste diñeiro público para que uns neopaletos se vaian fumar un puro á praza de touros de Pontevedra para emular aos seus exemplos sociais en eventos horteras".