A xuízo os responsables de Comercial Senra

Pontevedra
30 de marzo 2025
Actualizado: 6:54

A Fiscalía acúsalles de descapitalizar as empresas do grupo familiar coa finalidade de que as sociedades eludisen o pago das débedas que tiñan cos seus acredores

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra /

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para este martes día 1 de abril un xuízo por unha suposta fraude de execución.

Trátase dun delito que comprende unha serie de condutas por parte do debedor encamiñadas a tratar de evitar, ou polo menos obstaculizar, que o acredor poida satisfacer o seu crédito.

Neste caso sentarán no banco dos acusados os dous irmáns que xestionaban Comercial Senra.

A Fiscalía acúsalles de descapitalizar as empresas do grupo familiar coa finalidade de que as sociedades eludisen o pago das débedas que tiñan cos seus acredores, tanto de públicos como de carácter privado.

O Ministerio Público pide para cada un dos irmáns catro anos de prisión.

En concepto de indemnización á Seguridade Social reclama o pago de 1,4 millóns de euros.