Nun acto celebrado este mércores no Salón de Plenos do Concello de Ribadumia, as concelleiras Mar Rey e Vanesa Jorge fixeron entrega do premio da primeira edición do Concurso de Fotografía ‘Balance de Tintos’, no marco da conmemoración da 50ª Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas. O premio constaba dun diploma conmemorativo e 100 euros en metálico.
O gañador desta edición inaugural foi o fotógrafo Xosé Rañó Bueno, cuxa obra cativou ao xurado, pois coa súa participación reflectiu con creatividade a esencia da celebración vinícola. O goberno local amplía a súa gratitude a todos os participantes e espera continuar promovendo iniciativas artísticas e culturais que enaltezan a identidade local.
‘Balance de Tintos’, como nome de concurso, fai eco da tradición vinícola e o significado que o viño tinto ten para o municipio. Esta primeira edición contou cunha boa participación, da que se tiveron que descartar algunhas propostas por non cumprir as bases, e da que Xosé Rañó fíxose co premio coa súa fotografía ‘Universo Tinto’.
O Concello de Ribadumia traslada os seus parabéns a este veciño de Vilagarcía de Arousa por compartir o seu talento e paixón pola fotografía e plasmalo na primeira edición do concurso ‘Balance de Tintos’. Todas as imaxes presentadas ao concurso foron unha gran mostra do amor e o orgullo pola terra e as tradicións locais.