Tras varias xornadas de aumento da incidencia, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés retomou a tendencia descendente no número de casos activos por covid-19. Hai nestes momentos 2.070 infectados, vinte menos que onte. Os novos contaxios foron 165.
Os ingresados nos tres hospitais de Pontevedra e Vilagarcía, pola súa banda, son 61, os mesmos que xa estaban hospitalizados no último balance realizado polo Servizo Galego de Saúde. Deles, catro atópanse na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
A maiores, atendidos en planta hai outras 57 persoas. Hai 54 en Montecelo e tres no Hospital do Salnés. Non hai ningún no QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
O resto dos que contraeron o virus, outras 2.009 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio da pandemia 56.414 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 185 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 264 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 402.465, 263 nas últimas horas. A elas súmanse as 233.953 probas de antíxenos e outras 125.164 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 16.725, 382 menos que o día anterior. Deles, 3.387 son da área da Coruña, 2.002 da de Lugo, 2.257 da de Ourense, 2.070 da de Pontevedra, 3.077 da de Vigo, 2.930 da de Santiago e 928 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 34 están en UCI, 397 en unidades de hospitalización e 16.294 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 488.152 persoas curadas, rexistrándose 3.127 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.717.400 probas PCR, 2.646 nas últimas 24 horas. Os novos casos abertos desde onte, que inclúen os autodiagnósticos con antíxenos, foron 1.371.