Reivindicar celebrando. Ese era o principal obxectivo da Festa Feminista organizada este venres na planta superior do Mercado de Abastos cunha importante afluencia de público.
Tratábase dun evento incluído na programación do pasado 8M, Día Internacional da Muller, que tivo que ser cancelado polo mal tempo, e que agora se recuperou.
Un dos puntos de atención era poder escoitar á guionista e cómica Henar Álvarez, presentando o seu libro Ansia e protagonizando un faladoiro sobre feminismo cunha das gañadoras do Premio As Mulleres que Opinan son Perigosas, a xornalista de Faro de Vigo Carolina Sertal.
Tras as súas experiencias persoais e sobre a loita feminista, seguidas con moita atención, a festa continuou coa ambientación musical de La Yaya DJ e Señora DJ.