Xornada de homenaxe ás mariscadoras dos Praceres que se enfrontaron aparello franquista

Pontevedra
10 de febreiro 2019

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e a Plataforma Non á Ampliación da Depuradora homenaxearon este domingo ás mariscadoras que hai 60 anos se opuxeron aos recheos e á instalación da fábrica celulosa

Homenaxe ás mariscadoras que loitaron contra os recheos e a instalación da Celulosa
Homenaxe ás mariscadoras que loitaron contra os recheos e a instalación da Celulosa / Diego Torrado

Chega 60 anos despois, pero non por iso deixa de dignificar o sucedido na ría de Pontevedra hai tantos anos.

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e a Plataforma Non á Ampliación da Depuradora ofreceron este domingo unha homenaxe ás mariscadoras que se opuxeron aos recheos e á instalación da fábrica celulosa.

Fixérono mesmo enfrontándose ás forzas militares do franquismo, o que provocou tras unha protesta a detención de 14 mulleres.

O acto celebrouse no colexio dos Praceres, onde se exhibiu unha curtametraxe realizada por Lukas Santiago e púidose gozar dunha actuación musical.

Paralelamente, impulsouse a colocación dunha placa na zona en memoria do acontecido cuxa inscrición reza: 'Ás mariscadoras que hai 60 anos loitaron contra a instalación da Celulosa, un exemplo de dignidade que non pode caer no esquecemento'.