As nenas e nenos de Marín pasárono ao grande este sábado 10 de febreiro na primeira gran xornada do entroido local.
Coa choiva dando unha tregua, á primeira hora da tarde puido finalmente saír á rúa o desfile infantil de disfraces.
Fíxoo, iso si, variando o seu percorrido debido ao cambio da posterior festa infantil organizada polo Concello.
Desta forma o desfile partiu de Alameda para percorrer Jaime Janer, Concepción Arenal e Rúa Estrada ata o pavillón do IES Illa de Tambo.
Alí, no interior do pavillón, esperaba a guinda á xornada con música, animación e obradoiros ata as 19.00 horas da tarde a resgardo de calquera ballón inesperado.
Tras a xornada infantil, o Entroido de Marín mira agora cara ao gran desfile previsto para este domingo 11 de febreiro (17.00 horas) coa esperanza de poder manter a súa celebración.
PREMIOS DO DESFILE INFANTIL
A relación de premiados do desfile infantil do entroido marinense é:
- Individuais:
- 1º premio (80 euros): Contigo aprendí
- 2º premio (70 euros): Pavo Real
- 3º premio (60 euros): Tiovivo máxico
- 4º premio (50 euros): Cupcake
- Parellas
- 1º premio (120 euros): Megatrónicos
- 2º premio (110 euros): Panadería O Forno do Sol
- 3º premio (100 euros): La colada
- 4º premio (80 euros): Loros
- Grupos:
- 1º premio (180 euros): Willy Wonka
- 2º premio (150 euros): Estrella Poker
- 3º premio (130 euros): Exploradores do xurásico
- 4º premio (100 euros): Emanems
- 5º premio (80 euros): Brawl Stars
- Comparsas:
- 1º premio (220 euros): As Raias de Marín
- 2º premio (180 euros): Glaucus Atlanticus
- 3º premio (150 euros): Ananiños de Brancanieves