A primeira edición do festival FERVE Estrella Galicia chegou este domingo ao seu fin despois de tres xornadas que encheron de gastronomía, música e bo ambiente a Alameda de Pontevedra.
Xoel López puxo a guinda musical ao evento, cun concerto que comezou ás 14.00 horas cunha masiva afluencia de público.
O artista corués foi en todo caso só un dos moitos protagonistas da xornada, que comezou cun showcooking de Iñaki Bretal, chef do único restaurante da cidade cunha Estrela Michelín (O Eirado).
Pola súa banda Pepe Vieira, Ignacio Echapresto e Vicky Sevilla participaron unha charla sobre cociña de aldea e comunidades rurais.
Na última xornada do FERVE Estrella Galicia cociñaron ademais os seus 'petiscos de autor' Vicky Sevilla (Arrels, Sagunto), Iván Domínguez (NaDo, A Coruña), Ignacio Echapresto (Venta Moncalvillo, A Rioxa), Beatriz Sotelo (A Coruña), Iñaki Bretal (Eirado da Leña, Pontevedra), Begoña Vázquez Gago (Regueiro da Cova, Verín) e Toño Lorenzo Gai (A Faragulla, Chantada).
Unha despedida que, como non podía ser doutra forma nun evento gastronómico, deixa un gran sabor de boca.