Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha receita para toda a familia: a sopa de mar. Nesta ocasión, Conservas Pescamar proponnos unha elaboración con berberechos e mexillóns, dúas especialidades moi prezadas na cociña atlántica.
Ademais do seu sabor e textura, tanto os berberechos como os mexillóns posúen un alto contido en ferro, gran aliado fronte á anemia. Ademais, achegan proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, fanos un alimento ideal nas dietas de adelgazamento.
Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".
Para preparar unha deliciosa Xarda confeitada en aceite de arbequina e arroz meloso de moluscos Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 xarda de 600 g.
- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar
- 1 lata de mexillóns en escabeche Pescamar
- 250 g. de aceite de oliva arbequina
- Herbas aromáticas
- 150 g. de arroz
- 150 g. de caldo de marisco
- Coñac
- Sal
Preparación:
Limpamos a xarda e sacámoslle os lombos. Quitamos as espiñas e poñémolos nunha tixola con aceite ata cubrilos. Introducimos no forno a 70 ºC durante 25 minutos.
Aparte, fervemos o caldo de marisco con herbas aromáticas. Flamexamos con coñac e cubrimos coa auga da lata de berberechos. Deixamos reducir ata a metade. Coamos o caldo e incorporamos o arroz.
Cando o arroz estea cocido, engadimos o contido das latas de berberechos ao natural Pescamar e os mexillóns en escabeche Pescamar.
Empratamos colocando primeiro os lombos de xarda forneados e, ao seu carón, o arroz cos moluscos. Decoramos con herbas aromáticas.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.