Xa se poden mercar as entradas para Lérez Up 2024, que este ano inclúe zonas sobre a saga Star Wars e a cultura coreana

Pontevedra
01 de agosto 2024

Lerez UP citou na súa edición de 2023 máis de 4.000 persoas e este ano regresará o 28 e o 29 de setembro ao recinto feiral. As entradas xa se poden conseguir a través da web de Percalandia, cun prezo anticipado de 5 euros para un día y de 8 euros para ambos os dous

Lérez Up 2023
Lérez Up 2023 / Cristina Saiz

A menos de dous meses da celebración do salón de videoxogos e cultura friki, Lérez Up 2024, as persoas interesadas en asistir xa poden acceder á venda as entradas anticipadas.

Lerez UP citou na súa edición de 2023 máis de 4.000 persoas e este ano regresará o 28 e o 29 de setembro ao recinto feiral. As entradas xa se poden conseguir a través da web de Percalandia, cun prezo anticipado de 5 euros para un día y de 8 euros para ambos os dous.

Este evento, organizado pola asociación Gaming Troop e o Concello de Pontevedra, conta coa participación de diferentes asociacións. 

Como novidade, haberá zonas novas: unha adicada á saga Star Wars con duelos e obradoiros para crear o teu propio sable de luz, e outra pensada para os seareiros da cultura coreana con actividades relacionadas co mundo do K-POP, nas que destaca o Concurso de Dance Cover. As inscricións xa están abertas, cun máximo de 10 prazas para cada categoría, contando con premios de 70 euros para solistas e 200 euros para grupos.

Este ano mantéñense as zonas populares como a Zona de Consolas con xogo libre y torneos (entre os que se atopan Mario Kart 8, Street Fighter 6, Duck Game ou Switch Sports); a Zona de PCs con xogo libre e torneos de Valorant e League of Legends (inscricións abiertas até o 18 de agosto); a Zona de Stands con máis de 60 postos de artistas e comerciais; ou a Zona de descanso con diferentes foodtrucks para todos os gustos.

Ampliarase a Zona de xogos de mesa, onde este ano haberá torneos de Warhammer; a zona de Magic, bautizada este ano como ‘Zona Card games’ ao incluir novos títulos de cartas coma Pokemon ou Lorcana; e la Zona de Smash, que este ano pasará a chamarse ‘Zona Fighting Games’ ao incluir tamén o torneo de Tekken 8, amais do nacional de Smash Bros que xuntou a máis de 100 personas de todo o Estado y de partes de Portugal na edición pasada.

A convención incluirá también unha zona con postos adicados aos xogos indies. Desenvolvedores e creadoras independentes presentarán os seus videoxogos, tendo o público a oportunidade de probalos e coñecelos.

Dentro da programación haberá un oco para os contidos didácticos, con charlas de arte ('El viaje de ser ilustrador editorial' impartida por Raisa; e 'Ser autónoma e ilustradora: Guía práctica' por Alba Santa) e do mundo dp Cosplay ('Guía para o teu primeiro concurso de cosplay' e 'Siluetas e tecidos para cosplay' impartidas polo xurado profesional do Concurso de Cosplay, Kaisiwiwi, MeryNyan y Akurin).

Tamén se poderá asistir a pequeños obradoiros, coa inscrición no propio evento: Retrato a bolígrafo (por Belén Diz), Caligrafía xaponesa (pola Escola Oficial de Idiomas de Vigo), Deseño de personaxes (por Limbo Illustration) e Crea os teus propios accesorios de origami (por Alan Pettinari).