Xa se coñecen os menores admitidos nas 445 prazas para os campamentos de verán

Marín
26 de maio 2023

O Concello de Marín permitiu duplicar quincena ás familias que o solicitaron. A listaxe de escolares admiitidos xa está dispoñible a través da web municipal. O goberno local informa de que agora se abre a fase de pago da cota

Escolares nun campamento de verán en Marín
Escolares nun campamento de verán en Marín / Concello de Marín

Desde este xoves 25 xa se atopan dispoñibles a través da web municipal do Concello de Marín as listas das persoas admitidas en cada unha das quincenas que se ofertaron este ano para participar nos campamentos de verán de conciliación.

Nesta ocasión aumentáronse nun 50% as prazas ofertadas alcanzando as 445. Marián Sanmartín, concelleiro de Benestar Social explica que o aumento se debe ás numerosas solicitudes de familias que querían repetir quincenas e, finalmente, admitiuse esta opción para aquelas que solicitaron esta opción.

Agora, segundo explicou a concelleira, iníciase a fase de pago da cota que deben abonar as familias.

Aquelas que marcasen a opción da conta bancaria recibirán o cargo a partir da primeira semana de xuño, Ese será o prazo tamén establecido para quen quere afrontar o pago no Concello.

O mércores 28 de xuño, ás 20.00 horas, está prevista unha reunión no Museo Municipal Manuel Torres por parte de representantes dos campamentos para explicar ás familias o funcionamento e as normas básicas.