Xa poden pedirse permisos de queima

Pontevedra
01 de outubro 2013

A Consellería do Medio Rural informou de que, dende este martes, 1 de outubro, pódense volver solicitar os permisos de queima de restos agrarios ou forestais en terreo agrícola, de acordo coa normativa vixente e posto que finalizou oficialmente a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia

A Consellería do Medio Rural informou de que, dende este martes, 1 de outubro, pódense volver solicitar os permisos de queima de restos agrarios ou forestais en terreo agrícola, de acordo coa normativa vixente e posto que finalizou oficialmente a época de perigo alto de incendios forestais en Galicia.

De acordo coa formulación de despregamento progresivo que se aplicou ao inicio da campaña, o departamento que dirixe Rosa Quintana informou de que os medios contra incendios "se irán repregando tamén de forma gradual ao longo do mes de outubro".
 

Arquivado en