Xa podemos pedir cita na ITV

Pontevedra
12 de maio 2020

Despois da suspensión da actividade na Inspección Técnica de Vehículos (ITV) co estado de alarma polo coronavirus decretado o pasado 14 de marzo, agora co paso á fase 1 da desescalada permítese a reapertura destes centros na provincia de Pontevedra

Centro de ITV de Bora
Centro de ITV de Bora

Despois da suspensión da actividade na Inspección Técnica de Vehículos (ITV) co estado de alarma polo coronavirus decretado o pasado 14 de marzo, agora co paso á fase 1 da desescalada permítese a reapertura destes centros na provincia de Pontevedra.

Para aqueles vehículos cuxo período de vixencia da ITV caducase durante o estado de alarma e as súas sucesivas prórrogas, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) estableceu o 7 de abril unha ampliación de 30 días naturais á finalización do mesmo.

En Galicia ao longo de todo este tempo de paralización da actividade un total de 125.000 vehículos viron expirar o vencemento da súa inspección. Unha cifra á que hai que sumar aqueles cuxa ITV caduca ao longo deste mes.

Diante do previsible colapso na actividade destes centros desde AECA-ITV solicitan ao Goberno unha prórroga calendarizada ata o 30 de setembro de 2020 para realizar a ITV de vehículos con data de vencemento dentro do período do estado de alarma.

Ademais piden a ampliación dos horarios de atención ao público e medidas formativas excepcionais para poder dispoñer do persoal técnico necesario para o gran volume de inspeccións que se esperan.

No ámbito sanitario urxen unha modificación dalgúns dos puntos do alcance das inspeccións técnicas a realizar no interior dos vehículos co fin de evitar contacto entre persoas.