O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notifica este domingo 28 de novembro, 420 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 40 máis que onte sábado. No Concello de Pontevedra son 122 os casos.
Nas últimas 24 horas confirmáronse 48 novos casos nas probas diagnósticas de infección activa practicadas.
O número de pacientes hospitalizados é de 11 persoas atendidas en planta o Hospital Montecelo e 1 no Hospital do Salnés. Hai 1 paciente ingresado en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo. O resto dos que contraeron o virus atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 21.403 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Durante a pandemia rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nas últimas horas 682, o que suma un total de 315.842. A estas probas súmanse as 159.932 probas de antíxenos e outras 111.848 probas de detección realizadas ata a data.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia increméntase ata os 4.779.
Deles 674 (+38) son da área sanitaria da Coruña, 448 (+13) da de Lugo, 1.263 (+129) da de Ourense, 420 (+40) da de Pontevedra, 1.325 (+123) da área de Vigo, 402 (+17) da de Santiago e 247 (+23) da de Ferrol.
Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 514 novos casos de covid e 131 altas, o que fai que suban en 383 persoas os casos de coronavirus. O total de hospitalizados é de 114 persoas.