Xa está aberto ao público o novo parque infantil do Campo da Torre

Pontevedra
04 de outubro 2023

Tras varios atrasos por diversas cuestións técnicas, a veciñanza de San Roque xa pode gozar das instalacións do novo parque infantil do Campo da Torre. Nesta reforma, tramitada durante o pasado mandato, investíronse case 75.000 euros

Apertura ao público do parque infantil do Campo da Torre
Apertura ao público do parque infantil do Campo da Torre / Concello de Pontevedra

Tras varios atrasos por diversas cuestións técnicas, a veciñanza de San Roque xa pode gozar das instalacións do novo parque infantil do Campo da Torre.

Nesta reforma, tramitada durante o pasado mandato, investíronse case 75.000 euros.

O edil de Parques e Xardíns, Xaquín Moreda, destacou durante unha visita aeste parque que esta zona busca ser unha área de xogo "mais tamén de estancia" para os adultos.

Moreda subliñou o uso de materiais nobres como é a madeira para a construción deste novo espazo, que ten unha textura e unhas cores "moi agradables e integradas na zona".

Entre as accións que se levaron a cabo estivo a colocación de troncos de madeira que se utilizarán para realizar diferentes xogos de equilibrio e escalada.

Outro dos puntos máis destacados desta actuación foi a reestruturación do novo parque de lecer, gañando espazo público na parte da rúa que dá á praza de touros.

Ademais, plantouse unha árbore na parte máis asollada do parque, que contribuirá xunto ao resto de árbores da zona a proporcionar sombra e será utilizada como elemento de xogo ao crear ao seu ao redor unha estrutura de madeira a modo de "casa da árbore".

A este parque, segundo Xaquín Moreda, se unirá "nun breve período de tempo" o parque de auga situado no parque de Rosalía de Castro, que ultima as súas obras de construción.