Cando apenas pasaron tres días do incendio de Barbudo en Ponte Caldelas, as chamas volveron incendiar os montes deste concello. Pasadas as 18:15 desta tarde de luns 9 de setembro, os veciños volvían detectar lume no lugar de Santa Eulalia en Pazos. Polo momento, a superficie queimada non alcanza as 20 hectáreas pero o incendio continúa activo.
Na extinción traballan 3 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas, 4 helicópteros e 3 avións procedentes da Consellería de Medio Rural. Os veciños tamén están a axudar apagando con mangueiras e cubos xa que o foco do incendio atópase próximo ás vivendas.