Turismo de Sanxenxo puxo en marcha nas súas redes sociais un concurso fotográfico no que convida a veciños e visitantes a compartir fotografías con experiencias vividas en Sanxenxo baixo o hashtag #VolveremosASanxenxo. Entre todos os participantes crearase unha rede de bos recordos.
No concurso poderán participar todas as persoas que nos seus arquivos teñan fotos para compartir con Turismo de Sanxenxo e poderanas subir ata o 26 de abril. As persoas que participen no concurso, ademais de compartir as súas fotos nas redes, deberán mandar unha mensaxe directa co seu nome completo, dirección postal e número de teléfono.
Cando acabe o estado de alarma un xurado elixirá a foto gañadora, o seu autor será premiado cun bono degustación para dúas persoas nun restaurante de Sanxenxo. Así mesmo, a foto que máis me gustas obteña en redes sociais, obterá tamén un bono degustación para dúas persoas nun restaurante de Sanxenxo.
Os participantes deberán subir unha foto co hashtag #VolveremosASanxenxo a Facebook, Twitter ou Instagram. Só poderase subir unha foto por persoa. E os dereitos das fotos compartidas durante a campaña serán cedidos a Turismo de Sanxenxo.