Volver ao cole ben merece unha festa no centro histórico

Pontevedra
11 de setembro 2024

A gran festa de volta ao cole que organizan os comerciantes de Zona Monumental encheu este mércores de cor as rúas do casco histórico

Festa de volta ao cole, da Zona Monumental
Festa de volta ao cole, da Zona Monumental / Mónica Patxot

A gran festa de volta ao cole que organizan os comerciantes de Zona Monumental encheu este mércores de cor as rúas do casco histórico.

Este mércores 11 de setembro, as principais prazas do centro histórico convertéronse en todo un campo de xogos.

Os nenos poideron participar de balde coa presentación dun ticket de compra nalgún dos establecementos do Centro Comercial Urbano Zona Monumental.

Na praza de Curros Enríquez houbo un mural de arte colaborativa e un rocódromo de 8 metros. Na praza Méndez Núñez, actividades de pinta caras e bebeteca. 

Na praza Valentín García Escudero montarase un taller de manualidades e na rúa Serra puxéronse en marcha inchables. 

Como colofón a unha tarde de xogos, volveu unha das citas máis esperadas para mes de setembro, a tradicional festa da escuma na Praza da Pedreira (Mugartegui) coa participación dun DJ.