Os talleres de Formación de Habilidades Memorísticas para Persoas Maiores regresan a partir do 10 de outubro a unha ducia de parroquias e barrios de Pontevedra.
Organizados pola Concellería de Benestar Social e a asociación de residencias e centros de anciáns Acolle, están dirixidos a persoas maiores de 60 anos que non teñan problemas de memoria vencellados a ningún tipo de demencia.
Tendo un carácter preventivo e buscan que os participantes poidan exercitar a súa memoria para mantela activa o maior tempo posible, así como xuntarse e pasar un bo rato.
As inscricións deberán xestionarse directamente a través das asociacións veciñais e culturais das diferentes parroquias e barrios cun aforo de cada grupo de entre 15 e 20 participantes, en función do aforo da aula.
Participan nestes talleres Estribela (xoves, 17:00-18:30), Mourente (martes, 17:00-18:30), Ponte Sampaio (mércores, 16:30-18:00), Bora (luns, 17:00-18:30), Marcón (luns, 19:00-20:30), Salcedo (venres, 18:00-19:30), Tomeza (mércores, 19:00-20:30), A Parda (luns, 19:00-20:30), Centro Sur (martes, 10:30-12:00), San Roque (venres, 10:30-12:00), Lérez (martes e xoves, 19:00-20:30) e Casino Mercantil (pendente de local).