Volven os obradoiros de Apego para fomentar a transmisión familiar da língua galega

Pontevedra
17 de abril 2017

Van desenvolverse seis talleres destinados a familias con menores de seis anos. As actividades comezarán o 19 de abril coa Orella Pendella. Todos os eventos son de balde na Casa da Luz 

Sesión de Encontros familiares creativos
Sesión de Encontros familiares creativos / Mónica Patxot

Desde 2015 se están a desenvolver obradoiros dentro do programa Apego, que teñen como obxectivo a transmisión da língua de maneira familiar por parte dos proxenitores aos bebés. A partir deste mércores 19 de abril, as actividades para fomentar esta conexión entre xeracións comezarán coa posta en marcha de seis sesións de obradoiros que se van desenvolver na Casa da Luz. 

O primeiro será este mércores 19, a partir de las 18.00 horas, coa Orella Pendella que presentará unha iniciativa para menores de seis anos que vaian acompañados dun ou dous adultos. Bea Campos e Davide González ofrecerán este taller de narración oral para xogar cos ditos infantís tradicionais e coas cancións empregando música en directo. Esta proposta vai contar con outra sesión o día 20 de maio ás 12.00 horas.

Otro obradoiro con dobre sesión será o de 'A poesía é un xogo', unha proposta para escolares de 3 a 6 anos acompañados de familiares. Correrá a cargo de Tamara Andrés e Susana Cerviño o mércores 26 de abril e o 24 de maio. Ámbalas serán ás 18.00 horas.

Rachachán ofrecerá o luns 8 de maio ás 17.30 horas un obradoiro destinado a nais e pais baixo o título 'Axúdame a expresarme', empregando a metodoloxía Montessori.

E o martes 16 de maio a partir das 17.00 horas, Brazolinda porá en marcha un obradoiro de xogos e xoguetes.

Tamén dentro do Galegote Rock vai desenvolverse un programa infantil con actividades nesta mesma liña, segundo explicou o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña. As actividades rematarán o 27 de maio coa Festa Illa do Covo.

Todas as actividades son de balde pero é preciso apuntarse previamente. O máximo de participantes por sesión é de 25 familias. Contan con prioridade aquelas familias que estean apuntadas no programa Apego, dende onde xa se presentaron 34 solicitudes para participar nalgunhas destas actividades. Os interesados poden anotarse a través da páxina de Apego do Concello de Pontevedra.