A Deputación de Pontevedra saca a concurso a xestión do programa "Depo Aventura" despois de que as dúas últimas edicións dos campamentos da Lanzada tivesen que ser suspendidas por culpa da pandemia.
"Este ano volvemos recuperalo", anunciou en rolda de prensa a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. As bases deste programa "adáptanse á nova normalidade" e iranse axustando ás medidas sanitarias vixentes en cada momento.
Nesta ocasión redúcese a 1.540 o número de prazas dos campamentos, antes superaban as 2.200. Realizaranse entre o 26 de xuño e o 10 de setembro, en 11 quendas de 140 menores cada un. Son 7 días de acampada, de domingo a sábado.
A Deputación dará preferencia a aqueles nenos que se apuntaron nas dúas últimas convocatorias pero que non puideron gozar do programa "Depo Aventura". Os interesados en participar terán que facer a súa solicitude e despois se adjudiucarán as prazas por sorteo.
Hai 210 prazas reservadas para menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos e outras 25 para alumnos do centro Príncipe Felipe.
Os campamentos da Lanzada teñen como finalidade promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e dos nenos, de 8 a 13 anos, da provincia de Pontevedra para favorecer, así, a comunicación e o dinamismo multicultural.
As instalacións do Centro de Vacacións da Lanzada melloráronse coa reforma do comedor, montáronse máis tendas de campaña e acondicionouse a zona de árbores.