Volven as visitas guiadas á illa de Tambo

Marín
08 de outubro 2021

As viaxes están previstas para os días 16 e 30 de outubro e os interesados en asistir deben poñerse en contacto coa asociación a través das súas redes sociais

Fotos do ano 2017
Fotos do ano 2017 / Mónica Patxot

A Asociación Irmandade Illa de Tambo recupera as visitas guiadas á Illa de Tambo con dúas viaxes para os días 16 e 30 de outubro. Os interesados en asistir deben poñerse en contacto coa agrupación a través da súa páxina de Facebook.

O colectivo lembra que o traballo desenvolvido durante os ultimos sete anos a prol da recuperación deste enclave, incidindo directamente sobre o Concello de Poio para que asumira o traspaso dende o Ministerio de Defensa.

O feito de organizar roteiros explicando os valores que agocha ese territorio respaldados por mais de 4.000 persoas, escoitando unha e outra vez esa situación sen resolver, foi un revulsivo para acelerar os trámites.

Dende Irmandade illa de Tambo agardamos que o presente ano remate contemplando nos orzamentos do 2022 a partida correspondente para efectivizar dito acordo, e que a partires de xaneiro se poida comezar a falar de desenvolver un proxecto integral da posta en valor da illa de Tambo.

Desde Irmandade Illa de Tambo reinvindican a rica historia deste territorio que vai desde a prehistoria pasando pola época castrexa, romana, sueva ou a máis recente etapa militar.

Arquivado en