Volven adiar o desfile de Entroido en Marín pero mantense o Enterro da Sardiña para este mércores

Marín
05 de marzo 2019

O goberno local aínda non ten decidido para cando se poderá desprazar o gran desfile do Entroido. Este mércores si está prevista a celebración do velorio e do tradicional Enterro da Sardiña a partir das 20.00 horas

Entroido infantil en Marín
Entroido infantil en Marín

Ante as malas previsións meteorolóxicas para a tarde deste mércores, o Concello de Marín decidiu suspender o desfile de Entroido que xa se desprazara a esta xornada ao cancelar a comitiva prevista inicialmente para o pasado domingo.

As bases do Entroido establecían o seu traslado á xornada deste mércores, pero as predicións sinalan que choverá e por tanto, o goberno local ha decidido buscar outra data que se anunciará con anticipación.

O goberno de María Ramallo informa que se mantén, en todo caso, o Enterro da Sardiña organizado polo Ateneo Santa Cecilia.

O velorio iniciarase a media tarde no Palco da Música e a partir das 20.00 horas comezará o desfile luctuoso polas rúas Jaime Janer, Busto de Arriba, Doutor Tourio e Rúa do Sol. A marcha finalizará na Praza do Reloxo. Alí darase lectura ao pregón de despedida da sardiña.

Arquivado en